O vindeiro mércores 17 de xuño o Sindicato Labrego Galego ten convocadas tractoradas na Coruña, Lugo, Compostela, Chantada e A Mariña. Os colectivos da Ra! tamén se mobilizarán e asemade realizarán unha tractorada virtual. Ler máis »
MESA REDONDA: No marco das eleccións europeas, a Rede Anticapitalista organiza unha mesa redonda sobre as políticas europeas que tratará de visibilizar os impactos que tales políticas forxadas en Bruselas teñen sobre as nosas vidas, dando unha visión crítica e diferente á que ofrecen os grandes medios de comunicación. Ler máis »
Ponencia de Manoel Santos (Altermundo/Ra!) nas XI Jornadas da Mocidade Independentista (Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia, 30/04/2009). Tema: Crise, alternativas e resistência. Ler máis »

Con motivo do Día Internacional da loita labrega, a Plataforma Galega Antitransxénicos e a Rede Anticapitalista Galega deron conta dunha acción representativa da desaparición da agricultura tradicional a mans das empresas multinacionais da alimentación. (Fotos e Vídeo) Ler máis »
A Ra! e a Plataforma Galega Antitransxénicos convocan aos movementos sociais e á cidadanía galega a un acto hoxe, venres 17/04/2009, na Praza Roxa de Santiago ás 17:30. Con motivo do Día da Loita Labrega: Escenificación do Enterro da Agricultura e Procesión-Manifestación cara a Carrefour. Prégase asistir de rigoroso loito. Ler máis »
Chamamento feito con motivo da presentación pública da Ra! o 28/03/2009, no Día de Acción contra o G20. “A cidadanía galega xunto cos seus movementos sociais, que en momentos recentes demostrou ter unha gran capacidade de mobilización e dignidade, non vai quedar parada e vai participar na revolta global que xa comezou nos países do Sur e tamén aquí. Por outra Europa social, dos pobos e non das multinacionais.” Ler máis »
Diversos colectivos galegos e persoas a titulo individual únense para respostar a unha crise sistémica e dar alternativas de transformación dende unha óptica galega. O 28 de marzo terá lugar a presentación da Ra! en actos descentralizados por Galiza e nun acto central en Compostela (Praza das Praterías, ás 12:00 horas) que resposta tamén ao cumio do G20 en Londres. Ler máis »