No verán de 2009 a RA! dá vida a Espalla! unha nova lista de correo que pretende unificar as diversas listas de espallamento de novas, convocatorias e outro tipo de informacións antisistema que existen no noso país. Non pretende substituílas senón fornecer un medio de referencia, un nexo onde multiplicar e espallar novas fóra das listas internas de debate das organizacións, que así ficarán moito menos saturadas.
Toda aquela que queira estar informada mediante o correo electrónico das fontes alternativas que se moven en Galiza, que se inscriba en Espalla! e poderá non só recibir senón tamén compartir informacións propias ou reenviadas.
Se aínda non estás subscrita a Espalla… a que esperas para facelo?
