Con motivo do Día Internacional da loita labrega, a Plataforma Galega Antitransxénicos e a Rede Anticapitalista Galega deron conta dunha acción representativa da desaparición da agricultura tradicional a mans das empresas multinacionais da alimentación. (Fotos e Vídeo)
A Ra! e a Plataforma Galega Antitransxénicos convocan aos movementos sociais e á cidadanía galega a un acto hoxe, venres 17/04/2009, na Praza Roxa de Santiago ás 17:30. Con motivo do Día da Loita Labrega: Escenificación do Enterro da Agricultura e Procesión-Manifestación cara a Carrefour. Prégase asistir de rigoroso loito.
Chamamento feito con motivo da presentación pública da Ra! o 28/03/2009, no Día de Acción contra o G20. “A cidadanía galega xunto cos seus movementos sociais, que en momentos recentes demostrou ter unha gran capacidade de mobilización e dignidade, non vai quedar parada e vai participar na revolta global que xa comezou nos países do [...]