Author Archives: Altermundo

Ciclousuarios e ciclousuarias contra o cambio climático

Baixo o lema “Mudemos o sistema, non o clima!”, a Rede Anticapitalista únese desde Galiza á xornada global de mobilización contra a mudanza climática neste 12 de decembro.

12 de decembro: Mudemos o sistema, non o clima!

12 de decembro. Día de Acción Global contra o cambio climático
Mudemos o sistema, non o clima! Pedalada contra  o cambio climático
Saída as 12:00 dende a Alameda. Compostela
Trae bucina, timbre, chifres . . .e a túa bicicleta decorada!

Xoves 9 de xullo: Galiza contra o G8

Coincidindo coa xuntanza do G-8 en L’Aquila (Italia) que trata de refundar o capitalismo, a Rede Anticapitalista ( RA! ) convoca concentracións o xoves 9 de xullo en distintos lugares de Galiza.
Compostela, ás 21:00 horas na praza do Toural
Lugo, ás 20:00 horas na Praza Maior
Ourense, ás 20:30 horas na rúa do Paseo
Pontevedra, ás 20:00 horas [...]

A Ra! solidarízase coa poboación hondureña diante do consulado

Compostela 02/06/09. Ás  20,30 horas de onte mércores, día 1 de xullo, organizacións da Rede Anticapitalista galega (RA!) deron conta dunha concentración simbólica, dunha hora de duración,  diante do consulado honorífico de Honduras, na cidade da Coruña. Envía mensaxes de repudio aos golpistas hondureños!!!

Honduras: A Ra! esixe a volta do presidente Zelaya e un posicionamento claro das institucións galegas e mundiais

Galiza 29/07/2009-. Co obxectivo de profundar a democracia e lograr unha maior participación democrática, desde hai algúns meses as organizacións sociais de Honduras, xunto ao Presidente Manuel Zelaya Rosales, promoveron realizar unha enquisa para o este 28 de Xuño do 2009. Con gran sorpresa ese mesmo día ás 05:00 am, as forzas armadas executaron un [...]

CÓMPRE RECUPERAR A MEMORIA, CÓMPRE RECUPERAR A HUMANIDADE

27 de xuño: A RA! Coa manifestación do Foro de Inmigración en Compostela
A RA! (Rede Anticapitalista) e os colectivos e as persoas que a conforman asinamos o manifesto elaborado polo Foro da Inmigración, e aprobado na recén celebrada ASEMBLEA GALEGA DE MIGRANTES E EMIGRATES RETORNADOS, contra o anteproxecto da reforma de Lei de Estranxeira, que [...]

Mil tractores reais e centos virtuais

Máis dun cento de webs galegas e algunhas de fóra das nosas fronteiras, entre portais, blogs e redes sociais cibernéticas, uníronse á tractorada virtual convocada pola rede Anticapitalista RA! en apoio á acción homónima, esta real e ben visíbel, que levou mil tractores polas rúas galegas pola dignidade labrega.

A RA! apoioará a tractorada do 17 de xuño

O vindeiro mércores 17 de xuño o Sindicato Labrego Galego ten convocadas tractoradas na Coruña, Lugo, Compostela, Chantada e A Mariña. Os colectivos da Ra! tamén se mobilizarán e asemade realizarán unha tractorada virtual.

Cres que as políticas da Unión Europea non che afectan?

MESA REDONDA: No marco das eleccións europeas, a Rede Anticapitalista organiza unha mesa redonda sobre as políticas europeas que tratará de visibilizar os impactos que tales políticas forxadas en Bruselas teñen sobre as nosas vidas, dando unha visión crítica e diferente á que ofrecen os grandes medios de comunicación.

Decrecemento sostíbel ou decrecemento traumático?

Ponencia de Manoel Santos (Altermundo/Ra!) nas XI Jornadas da Mocidade Independentista (Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia, 30/04/2009). Tema: Crise, alternativas e resistência.