Author Archives: admin

O SLG reclama a modificación da actual política agraria

Onte a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, deu conta en rolda de prensa en Santiago das accións reivindicativas que terán lugar hoxe venres 20 en toda Galiza. Ditas mobilizacións a prol da modificación das actuais políticas agrarias, en demanda de prezos mínimos e regulación das marxes comerciais, enmárcanse na convocatoria que será secundada [...]

A tractorada virtual volve á Internet galega, esta vez durante 5 días

Perante a nova convocatoria do SLG, a RA! volve a lanzar a convocatoria dunha tractorada virtual. Desta volta os tractores encherán as páxinas galegas en apoio ás demandas dos nosos gandeiros durante 5 días: do 13 ao 17 de Xullo. A que esperas para te unires a eles? Non precisas un tractor: abonda con ter [...]

Únete á tractorada virtual da RA! e do SLG

Como xa anunciabamos hai uns días, a Rede Anticapitalista galega vaise sumar á tractorada deste mércores 17 convocada polo SLG baixo a demanda de prezos mínimos para o leite e a modificación das políticas agrarias. Os que queiran sumarse á tractorada abondará con pegaren o seguinte código nas súas páxinas (xusto antes da etiqueta </BODY>, [...]

Nace a Rede Anticapitalista Galega (Ra!) para transformar un sistema produtor de pobreza e insostible

Diversos colectivos galegos e persoas a titulo individual únense para respostar a unha crise sistémica e dar alternativas de transformación dende unha óptica galega. O 28 de marzo terá lugar a presentación da Ra! en actos descentralizados por Galiza e nun acto central en Compostela (Praza das Praterías, ás 12:00 horas) que resposta tamén ao [...]