Perante a nova convocatoria do SLG, a RA! volve a lanzar a convocatoria dunha tractorada virtual. Desta volta os tractores encherán as páxinas galegas en apoio ás demandas dos nosos gandeiros durante 5 días: do 13 ao 17 de Xullo. A que esperas para te unires a eles? Non precisas un tractor: abonda con ter un web, un blog, unhas páxinas persoais onde poder insertar durante eses días o código HTML que atoparás na páxina de primeira convocatoria.
A PAC e as políticas neoliberais seguidas polos distintos gobernos centrais e da Xunta teñen posto nunha situación de exterminio aos pequenos produtores do noso país. O dominio do mercado e da política dos prezos polas grandes distribuidoras están a deixar na indefensión aos nosos gandeiros e gandeiras.
Desde hoxe 14 ata o 17 de xullo o Sindicato Labrego Galego e outras organizacións agrarias teñen convocadas tractoradas polas rúas do país.
A RA expresa o seu apoio a tales mobilizacións pois entende que se trata claramente da consecuencia de políticas sistémicas que persegue eliminar ás pequenas explotación e poñer toda a alimentación ao servizo das grandes compañías.
A RA solidarizase cos labregos e labregas galegas e amosa o seu apoio ao SLG que están a manter unha actitude de valentía e dignidade diante do illamento ao que os queren someter.

10 comentarios
Por favor, ide poñendo un comentario aquí dando noticia de qué páxinas se unen á convocatoria. Grazas …e que resoen eses tractores!!!
Unido á convocatoria o meu wiki: http://www.casdeiro.info e no meu blog de temática máis política. Adiante cos dereitos dos nosos labregos!!!
os tractores xa están percorrendo a páxina do Sindicato Labrego.
Tractor armado. Avante a luita.
http://colheafouce.blogspot.com/
O noso tractor xa vai queimando roda por http://otraveseiro.blogaliza.org/
O leite continúa!!
Saúdos compañeir@s. O tractor tamén circula pola banda do Partido Comunista do Povo Galego. E aquí estará o tempo que sexa preciso.
Adiante, tod@s unid@s, porque xa está ben de tanto aldraxe ás nosas labregas/os e á nosa terra.
Obrigado ás/os compas da R.A por esta iniciativa
Tamén veño de ver que o puxeron os compañeiros de ADEGA no seu web. Grazas!
Os blog de ESF Galicia
http://esfhonduras.blogspot.com
http://esfnicaragua.blogspot.com
http://esfgalicia.blogspot.com
xa están na tractorada
O portal da Diáspora Galega, Fillos de Galicia, tamén se uniu á tractorada por decisión unánime da nosa asociación. Saúdos e boa sorte coa mobilización!
http://pueblosenlucha.blogspot.com/ se une!!
2 Trackbacks
A tractorada virtual volve á Internet galega, esta vez durante 5 días…
Perante a nova convocatoria do SLG, a RA! volve a lanzar a convocatoria dunha tractorada virtual. Desta volta os tractores encherán as páxinas galegas en apoio ás demandas dos nosos gandeiros durante 5 días: do 13 ao 17 de Xullo. A que esperas para…
[...] certo, que o tractor virtual que vai estar queimando roda até o 17 de Xullo neste blogue pasa xustiño por enriba da imaxe de [...]