A RA! apoioará a tractorada do 17 de xuño

O vindeiro mércores 17 de xuño o Sindicato Labrego Galego ten convocadas tractoradas na Coruña, Lugo, Compostela, Chantada e A Mariña. Os colectivos da Ra! tamén se mobilizarán e asemade realizarán unha tractorada virtual.A PAC e as políticas neoliberais seguidas polos distintos gobernos centrais e da Xunta teñen posto nunha situación de exterminio aos pequenos produtores do noso país. O dominio do mercado e da política dos prezos polas grandes distribuidoras están a deixar na indefensión aos nosos gandeiros e gandeiras.

A RA expresa o seu apoio a tales mobilizacións pois entende que se trata claramente da consecuencia de políticas sistémicas que persegue eliminar ás pequenas explotación e poñer toda a alimentación ao servizo das grandes compañías.

O día 17 a web da RA e as distintas webs dos colectivos, blogs e outros espazos da rede van a levar adiante unha tractorada virtual.

Asemade a idea e ter presenza no apoio as tractoradas e convocar ao remate da de Compostela ( ás 13,00 horas en Salgueiriños ) ou en A Coruña ( diante da delegación do goberno ) actos lúdicos de apoio.

A RA solidarizase cos labregos e labregas galegas e amosa o seu apoio ao SLG que están a manter unha actitude de valentía e dignidade diante do illamento ao que os queren someter.

Un comentario

  1. Lois (Clark)

    Labregada o 17 nas rúas galegas
    Polo campo, polo pobo, por nós mesmos rediós

    Racha co Tetrabrik!

    Saudiños.

    Enviado o 12 Xuño 2009 ás 7:42 am | Permalink

Envía un comentario

O teu e-mail nunca será publicado nin divulgado. Os campos requeridos están marcados con *

*
*