Cres que as políticas da Unión Europea non che afectan?

MESA REDONDA: No marco das eleccións europeas, a Rede Anticapitalista organiza unha mesa redonda sobre as políticas europeas que tratará de visibilizar os impactos que tales políticas forxadas en Bruselas teñen sobre as nosas vidas, dando unha visión crítica e diferente á que ofrecen os grandes medios de comunicación.Para Isto, o xoves 4 de Xuño ás 20:00h organizamos na Cova dos Ratos (R/Romil nº3 baixo-VIGO) unha mesa redonda que verse sobre distintos e importantes eixos, como as políticas comerciais, as políticas de xénero ou políticas sociais da Unión Europea.

Intervirán:
> Como nos afecta o Tratado de Lisboa?.- Tom Kucharz (Verdegaia)
> As políticas de xénero e igualdade esquecidas.- Tereixa Otero (Marcha Mundial das Mulleres)
> Dereitos sociais e políticas laborais.- Isidro Román (Delegado Sindical na Xunta)

Lugar: A Cova dos Ratos
(AC Calelidoskopio, Rúa Romil, nº 3 Baixo-VIGO)
Data: Xoves 4 de Xuño
Hora: 20:00

Envía un comentario

O teu e-mail nunca será publicado nin divulgado. Os campos requeridos están marcados con *

*
*