Galiza 29/07/2009-. Co obxectivo de profundar a democracia e lograr unha maior participación democrática, desde hai algúns meses as organizacións sociais de Honduras, xunto ao Presidente Manuel Zelaya Rosales, promoveron realizar unha enquisa para o este 28 de Xuño do 2009. Con gran sorpresa ese mesmo día ás 05:00 am, as forzas armadas executaron un [...]
27 de xuño: A RA! Coa manifestación do Foro de Inmigración en Compostela
A RA! (Rede Anticapitalista) e os colectivos e as persoas que a conforman asinamos o manifesto elaborado polo Foro da Inmigración, e aprobado na recén celebrada ASEMBLEA GALEGA DE MIGRANTES E EMIGRATES RETORNADOS, contra o anteproxecto da reforma de Lei de Estranxeira, que [...]
Máis dun cento de webs galegas e algunhas de fóra das nosas fronteiras, entre portais, blogs e redes sociais cibernéticas, uníronse á tractorada virtual convocada pola rede Anticapitalista RA! en apoio á acción homónima, esta real e ben visíbel, que levou mil tractores polas rúas galegas pola dignidade labrega.
Como xa anunciabamos hai uns días, a Rede Anticapitalista galega vaise sumar á tractorada deste mércores 17 convocada polo SLG baixo a demanda de prezos mínimos para o leite e a modificación das políticas agrarias. Os que queiran sumarse á tractorada abondará con pegaren o seguinte código nas súas páxinas (xusto antes da etiqueta </BODY>, [...]
O vindeiro mércores 17 de xuño o Sindicato Labrego Galego ten convocadas tractoradas na Coruña, Lugo, Compostela, Chantada e A Mariña. Os colectivos da Ra! tamén se mobilizarán e asemade realizarán unha tractorada virtual.
MESA REDONDA: No marco das eleccións europeas, a Rede Anticapitalista organiza unha mesa redonda sobre as políticas europeas que tratará de visibilizar os impactos que tales políticas forxadas en Bruselas teñen sobre as nosas vidas, dando unha visión crítica e diferente á que ofrecen os grandes medios de comunicación.