Con motivo do Día Internacional da loita labrega, a Plataforma Galega Antitransxénicos e a Rede Anticapitalista Galega deron conta dunha acción representativa da desaparición da agricultura tradicional a mans das empresas multinacionais da alimentación. (Fotos e Vídeo)
Tras a celebración do enterro na Praza Roxa de Santiago de Compostela, e o conseguinte veloiro-manifestación, procedeuse ao reparto de información denunciando os longos percorridos que recorren actualmente os alimentos, producidos a baixo custo polas multinacionais en países onde as leis permiten condicións de traballo que serían ilegais na Unión Europea, para logo poñelos á venta tras seren gravados con grandes marxes comerciais.
Máis información contactando con Manoel Santos-686 021 933 (Rede Anticapitalista Galega) e/ou Charo Sánchez-669 651 700 (Plataforma Galega Antitransxénicos).
Mira o excelente traballo de GZvídeos:
Imaxes da mobilización convocada para a tarde de hoxe pola Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) e a Rede Anticapitalista galega (Rá!):
- A policía protexe a multinacional
- Amorodos de "a saber onde"
- A Ra! e a PGA informan en Carrefour
- Milleiros de quilómetros até as mesas
- O enterro da agricultura
- Acción na Praza Roxa de Compostela
- Mobilización na praza Roxa
- Reparto de información ás portas de Carrefour









